Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40420

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de contratación das obras de mellora nas instalacións do mercado de abastos, segunda fase.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: mellora das instalacións do mercado de abastos, 2ª fase.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 9 meses.

Código CPV: 45213141-3 (traballos de construción de mercados cubertos).

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Sen IVE: 616.284,96 €.

IVE (21 %): 129.419,84 €.

Total (IVE incluído): 745.704,80 €.

Valor estimado do contrato: 616.284,96 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa, e na Plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo I.26) e relación co anexo II do prego de cláusulas administrativa particulares.

Clasificación: grupo C, categoría d.

8. Presentación de ofertas: 13 días naturais contados desde a publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG. Lugar: Plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Documentación: a exixida na cláusula 12 do PCAP.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si, as indicadas no anexo VII do PCAP.

9. Apertura do sobre 2: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada a través da plataforma de licitación aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 21 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 6 de outubro de 2015

Alberto Varela Paz
Alcalde