Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0241/2015-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0241/2015-PPM e dous máis. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e que a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0241/2015-PPM.

Persoa interesada: Beatriz dos Anjos dos Santos.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Alimar 2000, A Ponte da Pasaxe, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0212/2015-PPM.

Persoa interesada: Hernán Luis Idoeta Baz.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: estrada xeral, Escarabotiño, 22, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0230/2015-PPM.

Persoa interesada: José Javier Rodríguez Álvarez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: rúa do Souto, R-T, 2º C, O Birloque, A Coruña.