Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-07-2015).

1.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número do expediente: OA-07-2015.

1.2. Obra incluída no DTC 93: «Unha Deputación para todos». Adicional 1/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de reparación e mellora de camiños nas parroquias de Vixoi e Babío.

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adjudicación: factor prezo.

4. Orzamento de licitación.

Valor estimado: 37.248,64 €. IVE (21 %): 7.822,21 €. Importe total: 45.070,86 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Dirección: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrafo 2º do TRLCSP: grupo G, subgrupo 6, categoría d).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, que contan desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerán para a contratación mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo) das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP núm. 103, do 1.6.2012), subtituíndo a documentación que hai que presentar no sobre A pola declaración responsable segundo o modelo que consta no expediente e publicado no perfil do contratante.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o terceiro día hábil seguinte a que finalice o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

10. Outras informaciones: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio. Perfil do contratante: www.bergondo.es.

11. Gastos dos anuncios.

Serán de conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Bergondo, 9 de outubro de 2015

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa