Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40921

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 2 de outubro de 2015 de aprobación definitiva das modificacións puntuais número 2, 3, 4a e 4b, 5, 7, 8 e 10, do Plan xeral de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas (Ourense).

O Concello de San Cibrao das Viñas eleva, para a súa aprobación definitiva, as modificacións puntuais do Plan xeral de ordenación municipal, de conformidade co previsto no artigo 85.7 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Examinada a documentación remitida polo Concello e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de San Cibrao das Viñas dispón actualmente de PXOM, aprobado definitivamente o 30 de decembro de 2004.

2. No DOG do 16 de xullo de 2013 publícase o Anuncio do 26 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, coa decisión do 25 de xuño de 2013, sobre a non necesidade de someter á avaliación ambiental estratéxica a modificación puntual.

3. Constan informes municipais técnico e xurídico do 21 de febreiro de 2014.

4. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu no 30 de abril de 2014 o preceptivo informe previo á aprobación inicial da modificación, conforme o artigo 85.1 da LOUG.

5. Constan informes municipais: técnicos do 15 de xaneiro de 2015; e xurídico do 23 de xaneiro de 2015.

6. O Concello Pleno do 29 de abril de 2015 aprobou inicialmente a modificación e someteuna a información pública durante dous meses, mediante anuncios nos xornais La Región do 7 de maio de 2015 e La Voz de Galicia do 8 de maio de 2015; e no DOG do 11 de maio de 2015. Deuse audiencia aos concellos limítrofes de Taboadela, Barbadás, A Merca, O Pereiro de Aguiar e Ourense.

7. En cumprimento da lexislación sectorial vixente, solicitáronse os seguintes informes:

a) En materia de estradas, informe da Axencia Galega de Infraestruturas da CMATI do 24 de setembro de 2013 (desfavorable) respecto da modificación nº 1 do expediente, que tiña por obxecto reaxustar as aliñacións establecidas na travesía da estrada autonómica OU-320 no núcleo urbano da Ponte Noalla.

E Informe do Ministerio de Fomento do 6 de setembro de 2013 en que se sinala que as modificacións non afectan ningunha estrada da súa titularidade.

b) En materia de augas, informe de Augas de Galicia do 11 de novembro de 2014 en que se sinala que non se ten nada que obxectar en relación co documento remitido.

c) Informe en materia de telecomunicacións do 1 de xuño de 2015, en cumprimento do sinalado no artigo 26.2 da Lei 32/2003, xeral de telecomunicacións.

8. O Concello Pleno do 31 de xullo de 2015 aprobou provisionalmente a modificación puntual.

9. No documento remitido para aprobación definitiva excluíronse as modificacións nº 1, nº 6 e nº 9, quedando limitado ás modificacións nº 2 a 5, ambas inclusive, nº 7, nº 8 e nº 10.

II. Análise e consideracións.

1. O ámbito da actuación comprende sete localizacións correspondentes a cada unha das modificacións puntuais.

2. O obxecto de cada unha das modificacións é o seguinte:

2.1. MP nº 2: reaxusta as aliñacións da vía que atravesa o núcleo urbano de Rante, travesía da estrada CV-322, diminuíndo o seu largo, para reducir as edificacións e peches de parcela en situación de fóra de ordenación e adaptalo ás características do núcleo.

2.2. MP nº 3: corrixe dous erros gráficos de localización, do equipamento sociocultural SC-3 e de numeración do peto de ánimas protexido do núcleo de Calvos.

2.3. MP nº 4a) e 4b): recolle na cartografía do PXOM dúas vías existentes que non figuran grafadas en Pazos de Soutopenedo.

2.4. MP nº 5: corrixe o erro gráfico de localización do espazo libre EL-12 do núcleo da Laxe.

2.5. MP nº 7: corrixe o trazado dunha vía próxima ao núcleo de Currás.

2.6. MP nº 8: recolle na cartografía do PXOM a vía existente que comunica a praza do Cruceiro coa igrexa de San Clodio en Pazos de San Clodio.

2.7. MP nº 10: amplía o largo da vía que comunica a rúa Fonte Boa, do núcleo de San Cibrao das Viñas, coa estrada N-525.

3. Cada unha das modificacións axústase ao establecido no artigo 94.1 da LOUG.

4. Ao afectar a modificación nº 5 a terreos cualificados como espazos libres públicos, conforme o artigo 94.4 da LOUG, solicitouse o informe previo favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia na súa sesión do 23 de setembro de 2015. Gráfase correctamente o lugar que ocupa actualmente o espazo libre público, un pouco máis ao sur da situación do PXOM e lixeiramente máis regular, mantendo a superficie de 629,50 m2.

De conformidade co artigo 89 da LOUG e o artigo 1 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal corresponde ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

III. Resolución.

En consecuencia, e de conformidade co establecido no artigo 85.7.a) da LOUG, resolvo:

1. Aprobar definitivamente as modificacións puntuais nº 2, 3, 4a e 4b, 5, 7, 8 e 10, do Plan xeral de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas.

2. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no Boletín Oficial da provincia a normativa e ordenanzas do plan aprobado definitivamente.

4. Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas