Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2015 pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios dos portos de Cabo de Cruz e Escarabote e as instalacións de Bodión e Ancados.

A entidade pública Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios dos portos de Cabo de Cruz e Escarabote e as instalacións de Bodión e Ancados (Boiro, A Coruña) en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, e dispoñan para isto do prazo de 45 días que se contarán a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais da entidade pública, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, na avda. Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na páxina web: www.portosdegalicia.com, no punto de Planificación portuaria.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia