Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41071

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (4/2015).

Declaración de insolvencia 4/2015.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 4/2015, por instancia de Raúl Carreira Toja contra a executada Javier Estévez Guimil, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 22 de setembro de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 5.614,74 euros de principal, máis 561,47 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

A secretaria xudicial