Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento evolutivo da plataforma tecnolóxica específica asociada ao servizo 065 (expediente 81/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento evolutivo da plataforma tecnolóxica empregada para a prestación do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes de transporte adaptado, coñecido como servizo 065.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 22.4.2015.

DOUE: 21.4.2015.

BOE: 21.4.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 224.793,38 €.

5. Orzamento base de licitación: 112.396,69 €, máis 23.603,31 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 136.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22.7.2015.

b) Data de formalización do contrato: 1.10.2015.

c) Contratista: Treelogic, Telemática y Lógica Racional para la Empresa Europea, S.L.

d) Importe de adxudicación: 129.152,98 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia