En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de outubro de dous mil quince,
DISPOÑO:
Que cese, por pase a outro destino, José Antonio Fernández Vázquez como secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, vinte e dous de outubro de dous mil quince
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda