Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2015 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto multicriterio e trámite urxente, para a adxudicación do contrato non harmonizado da subministración de equipamento (colchóns e almofadas) para diversos centros desta consellería, mediante contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo perfil contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23561

e) Número de expediente: 77/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de equipamento (colchóns e almofadas) para diversos centros da Consellería de Política Social, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

CPV (referencia de nomenclatura): 39143112-4, 39516120-9.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de entrega e instalación: nos centros da Consellería de Política Social indicados no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: trinta (30) días naturais.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 173.386,82 €. IVE (21 %): 36.411,23 €. Importe total: 209.798,05 €.

Esta contratación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80 % (eixe 6, tema prioritario 79, medida 6.79) e con fondos de compensación interterritorial (FCI) que cofinancian nun 20 %.

5. Garantías.

Definitiva: si, 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia: ver punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23561

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos:

– Información índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información índole técnica: 982 29 42 81 (Marta Pérez López).

e) Telefax. Información índole administrativa: 981 54 56 85 (Servizo de Obras).

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación de ofertas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1º. Oficina de rexistro único e información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas, e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

2º. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío, e anuncialo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente do indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23561), con tres días hábiles de antelación á súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2015

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social