Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41139

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da oferta ordinaria de emprego público 2014.

No BOP de Ourense do 9 de xuño de 2015 publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2014.

As prazas que se convocan son as seguintes:

I. Oferta ordinaria de emprego público 2014.

A) Cadro de persoal:

A.1) Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso por promoción interna vertical:

– Unha (1) praza de administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de bacharel, técnico ou equivalente ou coa titulación do subgrupo C2 (título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente) pero cunha antigüidade de 10 anos na escala de procedencia ou 5 anos se contan con cursos de formación específica sobre xestións e técnicas e organización do traballo administrativo ou réxime administrativo impartidos por esta deputación, conforme co disposto no artigo 61 da Lei 42/1994. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

– Dúas (2) prazas de auxiliar de Administración xeral, subgrupo C2, escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Certificado de iniciación en lingua galega ou Celga 3.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da deputación durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, en modelo oficial que se facilitará nas oficinas da deputación e na páxina web da deputación provincial. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, xuntando á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo C1 ou asimiladas: 7,51 euros e para as prazas do grupo C2 ou asimiladas: 6,01 euros.

A deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes nas oficinas do rexistro xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense) e tamén desde a páxina web www.depourense.es .

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, na páxina web www.depourense.es, e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 23 de setembro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense