Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2015 pola que se rectifican erros materiais no procedemento aberto para a contratación dos servizos de formación e titorización de xestores de exportación, mediante procedemento aberto e contratación documentalmente simplificada (expediente PA 3/15).

Detectáronse os seguintes erros materiais no procedemento aberto para a contratación de servizos de formacion e titorización de xestores de exportación, anunciado no DOG número 170, do 7 de setembro de 2015:

1. Na letra J Criterios de valoración da oferta da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares do procedemento de referencia, en relación co criterio Prezo unitario por xestor titorizado do lote 2, sinálanse 44.000 € como importe unitario por titorización máximo de licitación sen IVE, cando o importe correcto é de 183,33 €/mes por xestor.

2. Tanto na cláusula segunda do prego de prescricións técnicas como na letra C da folla de especificacións, no número 4 do anuncio de contratación publicado no DOG e no número 4 da resolución de aprobación, faise constar no relativo ao orzamento de licitación e aplicación orzamentaria o seguinte texto: «Esta licitación é susceptible de cofinanciamento FSE», cando a contratación non sexa cofinanciada polo FSE, polo que procede suprimir o texto.

Por todo, procede a súa rectificación, ao abeiro do artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común.

En virtude da delegación de facultades ao meu favor conferida para substitución en caso de ausencia do director xeral, por acordo do Consello de Dirección do Igape de data 29 de marzo de 2012 (DOG núm. 78, do 24 de abril),

RESOLVO:

Primeiro. Rectificar o erro material contido na letra J da folla de especificacións en relación co criterio Prezo unitario por xestor titorizado do lote 2, substituíndo a cifra de 44.000 € pola de 183,33 €/mes por xestor, como importe unitario por titorización máximo de licitación sen IVE.

Para unha maior claridade, transcríbese a seguir a redacción do criterio Prezo unitario por xestor titorizado do lote 2, que queda da seguinte forma:

«Prezo unitario por xestor titorizado 26 %.

Regras de valoración do criterio: sexa “MÁX” o importe unitario por titorización máximo de licitación sen IVE (183,33 €/mes por xestor), sexa “MÍN” un 90 % de MÁX, sexa “Pi” o prezo unitario da oferta i-ésima, sexa “Vi” a valoración asignada a esa oferta. A unha oferta na que “Pi” sexa igual ou superior a “MÁX” asignaráselle unha valoración Vi=0 puntos. A unha oferta na que “Pi” estea entre “MÍN” e “MÁX” asignaráselle unha valoración
Vi=20-20 * (Pi-MÍN) / (MÁX-MÍN). A unha oferta na que “Pi” sexa inferior a “MÍN” asignaráselle unha valoración Vi=26-6 * (Pi/MÍN).».

Segundo. Suprimir o seguinte texto: «Esta licitación é susceptible de cofinanciamento FSE», erroneamente incluído tanto na cláusula segunda do prego de prescricións técnicas, como no apartado C da folla de especificacións, no número 4 do anuncio de contratación publicado no DOG e no número 4 da resolución de aprobación, por canto a contratación non será cofinanciada polo FSE.

Terceiro. Para garantir a máxima difusión desta corrección de erros e o seu coñecemento por todos os interesados na presentación de ofertas, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante www.igape.es/contratacions e nos diarios oficiais (DOCE, BOE e DOG), prorrógase por quince (15) días naturais ata o 3.11.2015 o prazo de presentación de proposicións, e fíxanse como datas de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas) o 16.11.2015 ás 10.00 horas e dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas) o 30.11.2015 ás 10.00 horas.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

P.A.
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral do Instituto Galego de Promoción Económica