Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de outubro de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00390-O-2015 e cinco máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador XC-00390-O-2015 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informado de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 1 de outubro de 2015

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00390-O-2015

9238-HTB

Garda Civil 1503 N41519R

Ana María Blanco Rodríguez

78784769V

Río Brexa, Urb. A Barcala, 7, 1º

15660 Cambre

A Coruña

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

4.10.2014; 10.17.00; N-VI; 577,5

Artigo 142.17 LOTT

Artigo 143.1.a) LOTT

100 €

XC-01389-O-2015

8546-FVP

Garda Civil 1503 T67277V

Manuel Santos Abalo

36016513P

Páramo, 11-2ºC

15010 A Coruña

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

5.2.2015; 9.48.00; AP-9F; 25,2

Artigo 142.8 LOTT

Artigo 143.1.b) LOTT

201 €

XC-01394-O-2015

C-5162-BP

Garda Civil 1500 D64627A

Jorge Avelino Leis Porras

32826911T

A Zapateira 23-2º Uxes-Morás

15690 Arteixo

A Coruña

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

13.1.2015; 11.47.00; AC-552; 18,1

Artigo 142.1 LOTT

Artigo 143.1.c) LOTT

301 €

XC-01614-O-2015

PO-7412-BP

Garda Civil 1500 C35644I

Francisco Gómez Vieites

32797791K

Campo do Monte-Montouto

15318 Coirós

A Coruña

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

22.2.2015; 19.01.00; AC-523; 5,5

Artigo 18.5 do Real decreto 1032/2007

Artigo 143.1.b) LOTT

201 €

XC-02458-O-2015

8171-FBH

Garda Civil 1504 Z27752V

Francisco Nogueira Castro

76325722S

R/ Canedo,12, 1º J

15008 A Coruña

A falta de consignación do símbolo do país no aparello de control.

17.4.2015; 8.19.00; N-550; 45,5

Artigo 142.4 LOTT

Artigo 143.1.c) LOTT

301 €

XC-04646-O-2014

8812-FRR

Garda Civil 1500 C35644I

Recambios Ceta, S.L.

B27032812

Río Navia, nº 47-49

27004 Lugo

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a mma total en vehículos con mma ata 12 toneladas.

11.6.2014; 19.59.00; AC-231; 7,0

Artigo 142.2 LOTT

Artigo 143.1.c) LOTT

301 €