Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2015/176-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento provisional liñas BAL701-02-03-04-05 e 07 contorno subestación Balaídos.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ estruturada do seguinte xeito:

– BAL701, 703, 705 e 707. Lonxitude: 88 m; orixe: subestación de Balaídos (en diante ST-B); final: punto de acceso proxectado (en diante PAP) nº 2.

– BAL702 e 704. Lonxitude: 44 m; orixe: ST-B; final: PAP nº 2.

– BAL701, 703, 705 e 707. Lonxitude: 624 m; orixe: PAP nº 2; final: lindeiro da parcela da ST-B.

– BAL701, 702 e 704. Lonxitude: 312 m; orixe: PAP nº 2; final: lindeiro da parcela da ST-B.

– BAL701, 703, 705 e 707. Lonxitude: 1.712 m; orixe: lindeiro da parcela da ST-B; final: paso aerosubterráneo (PAS) en pórticos existentes.

– BAL702 e 704. Lonxitude: 1.098 m; orixe: linde da parcela da ST-B; final: PAS en pórticos existentes.

A instalación está situada na zona de Balaídos, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 28 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra