Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos da Cañiza, Covelo e Mondariz (expediente IN407A 2015/177-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: repotenciación FRI805 para reforzo subministración túnel da Cañiza.

Situación: A Cañiza, Covelo e Mondariz.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 6.488 metros de lonxitude, con orixe no apoio de formigón existente nº 60 HVH-4500-S13 e final no apoio metálico proxectado nº 115 CH-1000-11P. A instalación está situada nas parroquias de Parada de Achas (A Cañiza), Prado de Canda (Covelo) e Mouriscados (Mondariz).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 30 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra