Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia Costa para o período 2015-2021, promovido por Augas de Galicia (expediente 2014AAE1738, código 1664/2014).

Faise pública a Resolución do 2 de outubro de 2015 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia Costa para o período 2015-2021, promovido por Augas de Galicia, en cumprimento do disposto na devandita resolución.

A integración do proceso de avaliación ambiental estratéxica ordinaria no procedemento de elaboración e aprobación do programa está previsto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

A declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave .

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental