Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 42012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2015 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, do servizo de planificación de medios para o desenvolvemento dunha campaña publicitaria conmemorativa do XX aniversario de Galicia Calidade (expediente 06/2015 SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5) Fax: 981 54 49 49.

6) Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es.

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.economiaeindustria.xunta.es.

8) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 06/2015 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: a planificación e a inserción, en diversos medios e soportes, dunha campaña publicitaria de ámbito galego para difundir o XX aniversario de Galicia Calidade e sensibilizar a poboación sobre temas relacionados coa calidade e a excelencia dos nosos produtos e servizos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato e abranguerá ata o 29 decembro de 2015. A campaña publicitaria desenvolverase desde o 21 ata o 28 de decembro de 2015.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6 (servizos publicidade).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 206.817,24 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 206.817,24 euros. Importe total 250.248,86 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo T (servizos de contido), subgrupo 1 (servizos de publicidade), categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (exclusivamente para os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea): deberán acreditarse nos termos especificados nas cláusulas F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C):

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG. O prezo da publicación será de 10,82 euros por liña.

11. Outras informacións:

Para os efectos de comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que o contratista adxudicatario debe facer aos posibles subcontratistas, o contratista remitiralle ao órgano de contratación, no caso de que llo solicite, a documentación citada na cláusula 18 do PCAP. As obrigas, tanto de presentar a dita documentación como a do cumprimento dos prazos de pagamento a/aos subcontratista/s, consideraranse condicións esenciais de execución e o seu incumprimento dará lugar á aplicación das penalidades establecidas na cláusula 13.3.b) do PCAP.

Poden obterse os pregos na páxina: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23585.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2015

P.D. (Orde do 10.12.2014, DOG núm. 3, do 7.1.2015)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria