Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42200

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 21 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais na especialidade de Clave, aberta polo Anuncio do 21 de setembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 2 de outubro).

Finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos da especialidade de Clave (405) do corpo de profesores de música e artes escénicas clave (594), procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais, na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de Clave (405) do corpo de profesores de música e artes escénicas (594).

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2015

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos