Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42214

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (519/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 519/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Serra Rubio contra Tomás Pérez e outros, Sociedade Civil, Fondo de Garantía Salarial, Tomás Pérez Martínez y Otros, S.L., Jamoteca Coruña, sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou auto cuxa parte dispositiva di:

Acordo:

–Ter por desistido a María Carmen Serra Rubio da súa demanda fronte a Tomás Pérez y Otros, Sociedade Civil, Fondo de Garantía Salarial, Tomás Pérez Martínez y Otros, S.L. Jamoteca Coruña en materia de reclamación de cantidade.

– Deixar sen efecto a sinalización de 14.10.2015 ás 11.00 horas.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Tomás Pérez y Otros Sociedad Civil, Tomás Pérez Martínez y Otros, S.L. e a empresa Jamoteca Coruña, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 13 de outubro de 2015

A secretaria xudicial