Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42430

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión do 26 de outubro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 18 de febreiro de 2015 (DOG núm. 38, do 25 de febreiro), modificado polas ordes do 11 de marzo de 2015 (DOG núm. 54, do 19 de marzo) e do 10 de abril de 2015 (DOG núm. 69, do 14 de abril) polas que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.2.3 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso selectivo no lugar onde se realizou a proba, no taboleiro de anuncios do Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.3.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións deste exercicio, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Convocar, para a realización do cuarto exercicio, os aspirantes que, de acordo co disposto na base II.2.4 da convocatoria, non presentaron a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo): Porfirio García de Arriba (DNI 09764487-K) e Gustavo José Casasola de Cabo (DNI 25590565-Y).

Quinto. Que o cuarto exercicio da fase de oposición terá lugar o día 23 de novembro de 2015, e que o lugar de realización será na Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), na aula 12, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2015

Jorge José Delgado Martín
Presidente do tribunal