Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015185AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 7 de outubro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2015185AL-CO, incoado a Horno Boutique Factory, S.L.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Horno Boutique Factory, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Transcorrido o prazo dun mes sen que se interpoña o dito recurso, esta resolución será executiva, polo que, en aplicación do artigo 72.4 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, a medida preventiva de inmobilización provisional do expediente nº 33/15, tomada con data do 17.6.2015 (nº de rexistro de saída 15683 do 18.6.2015) e a suspensión provisional de actividade expediente nº S.P.A. 12/15, tomada con data do 16.6.2015 (nº de rexistro de saída 15684 do 18.6.2015), quedarían extinguidas.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 19 de outubro de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2015185AL-CO.

Interesada: Horno Boutique Factory, S.L. (La Boutique del Pan).

DNI/NIF/CIF: B70402607.

Último enderezo coñecido: Carlos III, 14,15403 Ferrol.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DOUE núm. 204, do 4 agosto de 2007).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

– Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 1.200 €.