Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42564

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 21 de setembro de 2015 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Axencia Galega de Infraestruturas.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, que os faga susceptibles de tratamento, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20 da dita lei disponse que a creación, a modificación ou a supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderán facer por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente, e no seu punto segundo establece as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación e modificación daqueles.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

É obxecto desta orde regular os ficheiros de carácter persoal da entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas que se recollen no anexo.

Artigo 2. Contido

A información exixida no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do seu regulamento, o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación de ficheiros está contida no anexo desta orde.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros

Os datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros regulados por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo desta orde e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados no anexo desta orde. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas, aplicarase o disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta orde correspóndelle á entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

No anexo detállase a unidade ante a cal se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade

Os ficheiros creados por esta orde atópanse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal. No anexo aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados ou modificados baixo esta orde.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7. Comunicación ao Rexistro Xeral

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de desenvolvemento da Lei 15/1999, os ficheiros serán notificados para a súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos no prazo de 30 días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO
Ficheiros de nova creación

Ficheiros baixo a responsabilidade da entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas):

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións informativas cos cidadáns e entidades.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns, residentes e representantes de entidades que manteñen relacións informativas coa Axencia Galega de Infraestruturas.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Entidades privadas.

Fontes accesibles ao público.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura, correo electrónico.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade Pública Instrumental Axencia Galega de Infraestruturas.

Edificio Administrativo San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións administrativas cos cidadáns, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas, subvencións, premios, e a xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación coa Axencia Galega de Infraestruturas.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns, residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Axencia Galega de Infraestruturas.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura.

Datos de características persoais.

Datos de información comercial.

Datos económicos, financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de detalle de emprego.

Datos de transaccións.

Datos relativos á comisión de infraccións administrativas, penais e outras resolucións xudiciais.

Outros tipos de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outras administracións públicas.

Outros órganos da Comunidade Autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade Pública Instrumental Axencia Galega de Infraestruturas.

Edificio Administrativo San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións económicas que a Axencia Galega de Infraestruturas manteña cos cidadáns, con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) e a xestión da contratación administrativa e facturación a terceiros que proporcionen subministracións de bens ou servizos.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas coa entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Axencia Tributaria.

Consello de Contas da Xunta de Galicia.

Caixas e bancos que teñen acordo coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para a execución dos pagamentos.

Organismos da Seguridade Social.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade Pública Instrumental Axencia Galega de Infraestruturas.

Edificio Administrativo San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Recursos humanos.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ordenación da xestión do persoal da Axencia Galega de Infraestruturas.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal da Axencia Galega de Infraestruturas.

Procedemento de recollida de datos

Declaración e formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Administracións públicas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo (DNI/NIF, nº de Seguridade Social/mutualidade, nome e apelidos, teléfono, enderezo, nº rexistro persoal.

Datos de características persoais.

Datos de información comercial.

Datos económicos, financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de detalle de emprego.

Datos de transaccións.

Datos relativos á comisión de infraccións administrativas e penais.

Outro tipo de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Organismos da Seguridade Social.

Facenda pública e Administración tributaria.

Bancos e caixas de aforro.

Mutua concesionaria do servizo de vixilancia da saúde para o persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade Pública Instrumental Axencia Galega de Infraestruturas.

Edificio Administrativo San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión de todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como: programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais, actividades formativas.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Outras persoas físicas.

Fontes accesibles ao público:

Administracións públicas.

Outros: agrupacións de voluntarios, asociacións…

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono.

Datos de características persoais.

Datos de circunstancias sociais.

Datos de detalle de emprego.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma.

Outros órganos da Administración do Estado.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade Pública Instrumental Axencia Galega de Infraestruturas.

Edificio Administrativo San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Rexistros.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos diferentes rexistros administrativos cuxo mantemento corresponde á Axencia Galega de Infraestruturas.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, membros que integran as entidades ou organizacións que teñen obriga de publicidade rexistral.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Outras administracións públicas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura.

Datos de características persoais.

Datos de información comercial.

Datos económicos, financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de detalle de emprego.

Datos de transaccións.

Datos relativos á comisión de infraccións administrativas, penais e outras resolucións xudiciais.

Outros tipos de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma.

Outros órganos da Administración do Estado.

Administración local.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade Pública Instrumental Axencia Galega de Infraestruturas.

Edificio Administrativo San Caetano.

San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Videovixilancia e xestión do control de acceso ás instalacións administrativas da Axencia Galega de Infraestruturas. Xestión do control de acceso lóxico aos sistemas de información.

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas (cidadáns, terceiros e persoal que presta servizos á Administración) que acceden ás instalacións da Axencia Galega de Infraestruturas ou aos seus sistemas de información.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos e cámaras de videovixilancia.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, nº rexistro persoal, teléfono, imaxe, sinatura.

Outros datos identificativos: matrícula do vehículo.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Forzas e corpos de seguridade do Estado.

Forzas e corpos de seguridade autonómica ou local.