Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42596

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefaturas de servizo de Atención Primaria).

O Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo) regula os sistemas de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

En desenvolvemento do citado decreto, ditouse a Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co Decreto 46/2013, do 7 de marzo (DOG núm. 54, do 18 de marzo) polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Xestión Integrada de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, varios postos de persoal licenciado sanitario (xefaturas de servizo de Atención Primaria).

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración Autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no rexistro de entrada da Xestión Integrada de Vigo, sito na rúa García Barbón, 51, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da EOXI de Vigo (rúa García Barbón, 51) así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Vigo, 13 de outubro de 2015

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Xefe do Servizo de Atención Primaria de Coia.

Xefe do Servizo de Atención Primaria de Coruxo.