Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42552

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Política Social

DECRETO 158/2015, do 5 de novembro, polo que se nomea directora xeral de Inclusión Social a María de los Ángeles Teijeiro González.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Social, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de novembro de dous mil quince,

Nomeo directora xeral de Inclusión Social a María de los Ángeles Teijeiro González.

Santiago de Compostela, cinco de novembro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social