Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42604

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3250/2015).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3250/2015

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 862/2014 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Eduardo García-Zabarte Freire

Avogado: Álvaro Hinrichs Álvarez

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera

Recorridos: Fogasa, Fundación Equidad y Empleo

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3250/2015 desta sección, seguido por instancia de Eduardo García Zabarte Freire contra Fogasa e Fundación Equidad y Empleo sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo: ter por desistido a Eduardo García-Zabarte Freire, parte recorrente en suplicación nestas actuacións, e declarar a firmeza da resolución de data 23 de marzo de 2015 ditada polo Xulgado do Social número 3 (reforzo) de Vigo nos seus autos número 862/2014.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e unha vez firme expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Fáiselles saber ás partes que contra esta resolución poderán interpor no prazo de cinco días recurso de revisión ante esta sala, coa advertencia de que de non ter a condición de traballador ou beneficiario da Seguridade Social deberá acreditar, ao tempo de interporse, o ingreso na conta de depósitos e consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552 0000 31 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano) da cantidade de 25 euros».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á Fundación Equidad y Empleo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2015

Letrada da Administración de xustiza