Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (244/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 244/2015

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 768/2011

Sobre despedimento

Demandante: Daniel Omar Rilo Bonseiro

Demandadas: Impresiones Eurocolor, S.L., Soloprint Artes Gráficas, S.L.

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 244/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Omar Rilo Bonseiro contra Impresiones Eurocolor, S.L., Soloprint Artes Gráficas, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Daniel Omar Rilo Bonseiro solicitou a execución de sentenza nº 226/2015 ditada no DSP 768/2011 fronte a Impresiones Eurocolor, S.L. e Soloprint Artes Gráficas, S.L.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional xulgando e facendo executar o xulgado, correspóndelles exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigos 117 CE e artigo 2 da LOPX).

O artigo 237.2 da LXS establece que a execución de sentenzas firmes a levará a cabo o órgano xudicial que coñecese do asunto en instancia, polo que lle corresponde ao Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste da Sentenza nº 226/2015 ditada no DSP 768/2011.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte, e unha vez iniciada tramitarase de oficio e ditaranse para o efecto as resolucións necesarias (artigo 239 da LXS).

Terceiro. De conformidade co establecido no artigo 283 da LXS, se o empresario non procede á readmisión ou o fai en condicións distintas ás que rexían antes de se producir o despedimento, o traballador poderá acudir ante o xulgado do social, solicitando a execución regular da decisión e o xuíz oirá as partes en comparecencia que se axustará ao disposto no artigo 280 e no número 1 do artigo 281, e ditará auto sobre se a readmisión se efectuou ou non e, se é o caso, se o foi con debida forma.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Daniel Omar Rilo Bonseiro fronte a Impresiones Eurocolor, S.L., Soloprint Artes Gráficas, S.L., parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 283 da LXS e mediante escrito presentado neste xulgado pola parte executante, a secretaria xudicial sinalará data para vista do incidente de readmisión non regular.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión das infraccións cometidas na resolución, cumprimento ou incumprimento de orzamentos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015.

Tendo presentado o traballador Daniel Omar Rilo Bonseiro exixindo o cumprimento polo empresario Impresiones Eurocolor, S.L., Soloprint Artes Gráficas, S.L. da obriga de readmisión, e téndose despachado auto de execución do 22.10.2015, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia ás partes e ao Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer, e fixo o próximo día 19.11.2015 ás 13.45 para a realización da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente teráselle por desistido na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Impresiones Eurocolor, S.L. e Soloprint Artes Gráficas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

A secretaria xudicial