Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 258/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 258/15 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Iglesias Jamardo, contra a empresa José Antonio Ribeiro Codesido y Otro, S.C., sobre reclamación de cantidade, foron ditados auto e decreto, no 8 de outubro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Beatriz Iglesias Jamardo, contra José Antonio Riveiro Codesido y Otro, S.C., parte executada, polo importe de 28.664,58 euros en concepto de principal (23.092,25 € indemnización + 5.054,33 € salarios de tramitación + 518 € vacacións), máis 26,40 euros en concepto de xuros de demora de 518 €, máis 2.869,09 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación. Despáchase execución contra Mario Riveiro Codesido e Mónica Riveiro Codesido de forma subsidiaria respecto da sociedade civil e mancomunada, de forma que, unha vez que conste, se é o caso, a insolvencia da sociedade civil, continuará a execución contra ambos pola cantidade pendente de aboamento.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que a executada fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorreu a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á súa constitución do título, e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta n.º 5076 0000 64 0258 15. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0258 15”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz. O/a secretario/a xudicial».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a José Antonio Riveiro Codesido y Otro, S.C., pola cantidade reclamada de 28.664,58 euros en concepto de principal (23.092,25 € indemnización + 5.054,33 € salarios de tramitación + 518 € vacacións), máis 26,40 euros en concepto de xuros de demora de 518 €, máis 2.869,09 euros que provisoriamente se orzan para xuros, gastos e custas, e, se non pagar no prazo de dez días mediante ingreso na conta deste xulgado aberta no Banco Santander co número 5076 0000 64 0258 15, procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a José Antonio Riveiro Codesido y Otro, S.C. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, se non o verificar, poderá ser sancionado, ao menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes, á executante por fax, á executada por edictos no DOG e ao Fogasa por Lexnet, e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado de lo Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0258 15. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0258 15”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a secretario/a xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a José Antonio Riveiro Codesido y Otro, S.C., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2015

A secretaria xudicial