Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 2015/265-1).

Número de expediente: IN407A 2015/265-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento CT Vilar.

Concello: Cedeira.

Características técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1,172 km, coa orixe no apoio nº 34/40/29/8 existente tipo C-14/3000 da LMT CDR 806, no tramo da derivada ao CT Vilar (expediente 51535), para retirar, en condutor LA-56 mm2 Al e final no novo CT intemperie Vilar proxectado.

Novo centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 13 de octubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña