Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015 pola que se fai pública a adxudicación e a formalización da contratación administrativa especial do servizo de programación e xestión do proxecto da Rede galega de dinamización xuvenil (expediente 6/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

c) Número de expediente: 6/2015.

d) Perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22199

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: elaboración dun programa de dinamización xuvenil denominado Rede galega de dinamización xuvenil e a súa posterior xestión e execución.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 53, do 18 de marzo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: douscentos setenta e cinco mil cincocentos trinta e dous euros con vinte e oito céntimos (275.532,28 €), máis cincuenta e sete mil oitocentos sesenta e un euros con setenta e sete céntimos (57.861,77 €) en concepto de IVE.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de setembro de 2015.

b) Contratista: Marexada. Deporte, Lecer e Cultura, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos dez mil euros (210.000 €) máis corenta e catro mil cen euros (44.100 €) en concepto de IVE.

e) Data de formalización: 1 de outubro de 2015.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2015

P.D. (Orde do 19.8.2009 e disposición adicional sexta
do Decreto 129/2015, do 6 de outubro)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social