Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42710

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (691/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 691/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Croques Carro contra Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), a administración concursal de Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza na seguinte resolución:

«Decido que debo estimar parcialmente e estimo parcialmente a demanda presentada por Pablo Croques Carro, asistido polo letrado Sr. Pousa Meréns, contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L., o administrador concursal de Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno os demandados a aboar ao demandante a cantidade de 8.235,36 euros nos conceptos salariais debidos indicados no feito probado cuarto da presente, dentro dos límites da responsabilidade de cada un dos demandados.

Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, que se interpoñerá no prazo legal de cinco días contados desde o seguinte ao de notificación da presente, de acordo co disposto no artigo 191.2.g) a sensu contrario da Lei reguladora da xurisdición social (a cantidade obxecto de debate é superior á cantidade legalmente prevista de 3.000 euros).

Así, por esta a miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de outubro de 2015

A secretaria xudicial