Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar as resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia devoltas polo servizo de Correos (expediente OU-2012/00040 e un máis).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación aos interesados que se indican a seguir sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Unha vez transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 15 de outubro de 2015

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

NIF/Equivalente

OU-2012/00040

Alejandro Rodríguez Serra

36134711D

OU-2012/00259

Yolanda María Vasquez Reyes

EM0366193