Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Coirós (expediente IN407A 2015/252-1).

Expediente: IN407A 2015/252-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Caresma.

Concello: Coirós.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea a CT Fontefría, a 15 kV, cunha lonxitude de 1,009 km, con orixe en apoio nº 71 existente da LMT BEG-707, tramo entre a derivada ao CT Cortella e a derivada ao CT Área de Servizos Coirós (expte. 415/09), condutor tipo LA-56 mm2 e final no CT Caresma (proxectado).

Centro de transformación intemperie Caresma, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expteediente: IN407A 2015/252-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Caresma.

Concello: Coirós.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoios

Afeccións

m2

Ml aér.

m2 aér.

1

Meixide

Monte alto

Carlos Rodríguez Cadaveira

½ 1 (XS)

4.5

38.0

325.0

2

Brañas de Caresma

Monte alto

Balbina Tizón Pérez

½ 1 (XS)

4.5

289.0

3

Brañas de Caresma

Monte alto

Balbina Tizón Pérez

4.0

48.0

4

Meixide

Monte alto

Carlos Rodríguez Cadaveira

16.0

5

Meixide

Monte alto

Manuel Vázquez Varela

22.0

352.0

6

Meixide

Monte alto

Manuel Panete Barallobre

42.0

672.0

8

Meixide

Monte alto

Hros. Justo Vázquez Santamariña

6.0

140.0

9

Meixide

Monte alto

Josefa Vázquez Pérez

10.0

160.0

10

Meixide

Monte alto

María Luisa González Bermúdez

35.0

535.0

11

Meixide

Monte alto

María González Pérez

35.0

12

Meixide

Monte alto

María Luisa González Bermúdez

30.0

13

Meixide

Monte alto

María González Pérez

3.0

30.0

14

Meixide

Monte alto

María Sánchez Pardo

2

2.0

43.0

688.0

15

Meixide

Monte alto

Carmen Cal Pena

10.0

153.0

16

Meixide

Monte alto

Josefa Vázquez Pérez

3.0

71.0

17

Meixide

Monte alto

Carmen Cal Pena

10.0

18

Meixide

Monte alto

Josefa Vázquez Pérez

11.0

203.0

19

Meixide

Monte alto

Hros. Dolores Golpe Brañas

32.0

512.0

20

Meixide

Monte alto

Aurelio Panete Barallobre

3

2.0

42.0

650.0

21

Meixide

Monte alto

Jesús López Panete

24.0

22

Pumarío

Monte alto

Amparo Sánchez Panete

51.0

756.0

23

Pumarío

Monte alto

Carmen Panete Barallobre

12.0

252.0

24

Pumarío

Labor

María Fernández Vidal

45.0

450.0

25

Os Gatos

Labor

Esther Doben Sánchez

67.0

670.0

26

Granxa

Monte alto

Antonio Fernández Vidal

5.0

138.0

27

Pumarío

Monte alto

Jesús López Panete

5.0

87.0

28

Pumarío

Monte alto

María Pérez Casal

4

2.0

42.0

538.0

29

Os Toxas

Monte alto

Manuel Panete Barallobre

130.0

30

Agra de Caresma

Monte alto

Abel Rivas Doben

11.0

176.0

31

Pumarío

Monte alto

Gerardo Orgeira Gómez

11.0

176.0

32

Os Toxas

Monte alto

José Luis Sánchez Panete

14.0

247.0

33

Pedrido

Monte alto

José González Pérez

38.0

579.0

34

Pedrido

Monte alto

Antonio Fernández Vidal

35.0

482.0

35

Pedrido

Monte alto

María Luisa Doben Sánchez

68.0

36

A Granxa

Monte alto

María González Pérez

2.0

58.0

37

A Granxa

Monte alto

José González Pérez

52.0

788.0

38

Cal da Ras

Monte alto

Avelina García Sánchez

11.0

219.0

39

Cal da Ras

Monte alto

Hros. Manuel Panete González

5

2.0

48.0

768.0

40

Cal da Ras

Monte alto

Gerardo Orgeira Gómez

3.0

41

Areosa

Monte alto

Manuel López Panete

35.0

589.0

42

Areosa

Monte alto

Eugenio Rivas Orgeira

65.0

43

Areosa

Monte alto

Ofelia Fernández Vidal

19.0

351.0

44

Areosa

Monte alto

Hros. Pedro Paz Castrillón

11.0

132.0

45

Areosa

Labor

Amparo Sánchez Panete

½ 6 (SXS)

4.5

26.0

260.0

46

Areosa

Monte alto

Manuel Panete Barallobre

½ 6 (SXS)

4.5

22.0

448.0

47

Areosa

Monte alto

Arturo Martínez González

25.0

356.0

48

Areosa

Labor

Jesús López Panete

7.0

87.0

49

Areosa

Labor

Jesús López Panete

20.0

200.0

50

Areosa

Labor

Francisco Faraldo Rivas

38.0

410.0

51

O Loureiro

Labor

María Sánchez Pardo

7 (Centro Transf.)

9.0

10.0

130.0