Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42872

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de aprobación das bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal para o servizo de axuda no fogar.

Por Resolución da Alcaldía 468/2015, do 8 de outubro, apróbanse as bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal para o servizo de axuda no fogar, que serán publicadas integramente no BOP.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOE.

Cedeira, 13 de outubro de 2015

Pablo Diego Moreda Gil
Alcalde