En virtude da Resolución do 22 de setembro de 2015 da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia número 186, do 29 de setembro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.
Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos/as e excluídos/as, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de maio de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 95, do 22 de maio, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Aprobar as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.
A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es) e estará á disposición dos/das aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.
A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito no que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade no que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de exclusión por causa imputable aos aspirantes.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as
Acceso libre.
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Balsa Riveira, Vanessa |
76580018T |
17, 20, 58 |
Barros Couso, Mónica |
35321276S |
16 |
Bouzamayor García, Patricia |
32718278L |
17, 20, 58 |
De Cabo González, Mateo |
52499717D |
13, 22 |
García Roma, Sandra |
35457589F |
17, 20, 58 |
García Sarandeses, Banesa |
44092151R |
18, 56 |
Martínez Espiñeira, Rocío |
33323251T |
16 |
Rey Ferro, Carmelo |
35453982B |
17, 58 |
Rivas Suárez, María Fe |
44805851B |
17, 20, 58 |
Rodríguez González, Alejandro |
36146122N |
17, 20, 58 |
Tejedor Iglesias, Manuel |
33287120W |
17, 20, 58 |
Código |
Descrición |
13 |
Documentación xustificativa de exención de taxas fóra de prazo |
16 |
Documentación xustificativa de exención de taxas non presentado |
17 |
Documentación xustificativa de demandante de emprego 6 meses antes conv. non presentado |
18 |
Documentación xustificativa de demandante de emprego 6 meses antes conv. non válido |
20 |
Taxas non aboadas |
22 |
Taxas aboadas fóra de prazo |
56 |
Documentación xustificativa de non percibir prestación ou subsidio por desemprego non válido |
58 |
Documentación xustificativa de non percibir prestación ou subsidio por desemprego non presentado |