Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43061

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea un novo membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, modificada por Resolución do 24 de abril de 2015.

Por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 21 de outubro de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 207, do 29 de outubro), procedeuse ao nomeamento do tribunal cualificador desta categoría.

A base sétima da Resolución do 10 de decembro de 2014, de convocatoria do proceso, dispón que os/as membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorra neles/nelas algunha circunstancia das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no Acordo adoptado polo Consello da Xunta do 8 abril de 2010 ou realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas da correspondente categoría nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria.

A autoridade convocante publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se nomeen os/as novos/as membros que teñan que substituír os/as que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa dita base, como consecuencia da concorrencia de causa de abstención nun dos vogais suplentes, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Nomear, como vogal suplente, a Mª del Sagrario Sevilla Guerra. Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermaría, en substitución de Mª Florentina Vale Iglesias. Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermaría.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos