Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (161/2015).

Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 161/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construcciones Nanva, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimo a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción, fronte á mercantil Construcciones Nanva, S.L., e condeno a mercantil demandada a que aboe a demandante a cantidade de 487,38 euros.

Contra a presente resolución non cabe ningún recurso a teor do disposto no artigo 191.2 LRXS.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Nanva, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de outubro de 2015

O secretario xudicial