Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, polo que se dá publicidade ao enderezo electrónico habilitado polo administrador independente no procedemento de disolución da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol.

De conformidade co disposto no artigo 63 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficias de comercio, industria e navegación de Galicia, con data do 16 de outubro de 2015, a Dirección Xeral de Comercio ditou resolución pola que se acorda o inicio do procedemento de disolución da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol, a cal foi obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 199, do 19 de outubro) e na páxina web do Consello Galego de Cámaras.

A devandita resolución fai un chamamento aos posibles acredores da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol para que, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, poñan en coñecemento do xestor a existencia de créditos ao seu favor.

De conformidade co establecido na Lei 5/2004, do 8 de xullo, e coas obrigas contractualmente asumidas, o administrador independente elaborará, no prazo máximo de 45 días desde o seu nomeamento, unha relación de acredores e dos seus respectivos créditos fronte á cámara; todos eles computados en diñeiro e expresados en moeda de curso legal. Esta relación recollerá o nome, domicilio e demais datos de identidade do acredor, así como os relativos ao crédito, o seu concepto, contía, datas de adquisición e vencemento, características, garantías e calquera outro elemento relevante para os efectos da súa identificación e valoración.

De acordo co que antecede, para garantir a máxima publicidade e en prol de acadar unha maior transparencia, acordo:

Poñer en coñecemento de todos os posibles acredores o enderezo electrónico habilitado polo administrador independente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol, para os efectos sinalados anteriormente.

admin.camaraferrol@es.pwc.com

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio