Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43015

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 12 de novembro de 2015 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa, establecido na Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas de lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN314A), e se modifica o artigo 15 das bases reguladoras.

O día 13 de marzo de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN314A).

No artigo 15 das bases reguladoras da antedita orde establécese que para cobrar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria, tendo de prazo máximo ata o 14 de novembro de 2015 (incluído). O elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes. Co fin de garantir a maior eficacia posible das referidas subvencións e dado que non se causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do prazo de execución e xustificación

Amplíase ata o 15 de decembro de 2015 (incluído) o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención ao abeiro da Orde do 6 de marzo de 2015 de renovación de cubertas con lousa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2. Modificación da Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN314A)

O número 1 do artigo 15 da Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, queda redactado da seguinte maneira:

«Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria, tendo de prazo máximo ata o 15 de decembro de 2015 (inclusive), a documentación sinalada nas seguintes epígrafes, en orixinal ou copia compulsada, e non será necesario esgotar o prazo máximo.

Cando non se achegue a documentación directamente no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, deberase comunicar a presentación mediante fax, número 981 54 55 15, á Consellería de Economía, Emprego e Industria dentro do prazo de xustificación, indicando o código de solicitude e entrada no rexistro. Para os efectos de axilizar a tramitación administrativa poderase remitir a documentación presentada ao enderezo electrónico cei.dxiem.axudasminas@xunta.es».

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria