Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración e transporte de 168.000 quilos de nitróxeno líquido para o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, Fontefiz, Coles, durante os anos 2015 a 2018 (expediente 32/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e transporte de 168.000 quilos de nitróxeno líquido para o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, Fontefiz, Coles (Ourense), durante os anos 2015 a 2018.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22910

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 133, do 16 de xullo de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 149.956,80 €, IVE (21 %): 3.490,92 €. Importe total: 181.447,72 €.

Valor estimado: 149.956,80 €.

5. Financiamento: Fondos Feader, nun 75 %. Eixe prioritario 2, subeixe 2.1, submedida 2.1.4.2.1 e fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 21 de setembro de 2015.

b) Adxudicataria: S.E. de Carburos Metálicos, S.A.

c) Importe: 146.966,40 € (sen IVE), IVE 21 %: 30.862,94 €. Importe total: 177.829,34 €.

d) Data de formalización do contrato: 2 de outubro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e admitida á licitación, e cumpre cos requisitos establecidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2015

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural