Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato de servizo de asistencia e apoio administrativo e técnico para a realización de traballos de actualización e mantemento catastral do termo municipal de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2278.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación de servizo de asistencia e apoio administrativo e técnico para a realización de traballos de actualización e mantemento catastral do termo municipal de Ourense.

c) CPV: 751300000-6.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 24 de febreiro de 2014, 26 de febreiro e 27 de febreiro.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: unha baixa única sobre os prezos unitarios establecidos no prego.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 19 de outubro de 2015.

c) Contratista: Servicios de Colaboración Integral, S.L.

d) Importe de adxudicación: unha baixa do 22 % sobre os diferentes tipos unitarios do prego.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa conforme todos os criterios do prego e con base na aplicación das fórmulas matemáticas e do informe de valoración dos criterios non reconducibles a fórmulas.

Ourense, 22 de outubro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Alcalde