Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015 pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto para a modernización dos desaugadoiros de fondo da presa do Eume, situada nos concellos de Monfero, As Pontes de García Rodríguez e A Capela (expediente 13/101/9).

En cumprimento do disposto no artigo 12 do texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, e no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, pola presente faise pública a Resolución do 15 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto de modernización dos desaugadoiros de fondo da presa do Eume, nos concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez e Monfero (A Coruña) promovido por Endesa Generación, S.A.

Para estes efectos, cumprindo coa información que debe facilitarse ao público, o seu contido íntegro atópase á súa disposición na Oficina Virtual da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para o que se deberá acceder ao seguinte enlace, sendo o código correspondente á declaración ambiental de referencia o 2011/0071:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia