O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 24 de setembro de 2015, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas e ordenación de volumetría e estética das unidades edificatorias 130806 e 130807 (rúa Bolaño Rivadeneira, 12-14) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior (PEPRI), solicitado por José María Vázquez Varela e outros.
O acordo de aprobación definitiva do dito estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia con data do 15.10.2015, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Lugo, 16 de outubro de 2015
|
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 15005366) Xosé Daniel Piñeiro Villares Tenente alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal |
José Antonio Carro Asorey Secretario xeral do Pleno |


