Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 16 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador ES-P-0059/14.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia desta cédula queda supeditada a súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 16 de outubro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Promociones José Fajo, S.L. representada por José Antonio Braña Folgueira.

Expediente: ES-P-0059/14.

Último domicilio coñecido: rúa Cedrón del Valle, nº 7, 1º dereita, 27002 Lugo.

Indicación do contido: notificáselle a resolución do procedemento sancionador ES-P-0059/14 na que se lle impón a Promociones José Fajo, S.L. representada por José Antonio Braña Folgueira unha sanción no seu grao mínimo de multa de 550 € por incumprir as formalidades establecidas na lei para o depósito de fianzas, de acordo do disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Recursos: contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 114 y 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.