Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2015 pola que se convoca a contratación da xestión de servizos públicos de prazas de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas na Coruña, por concerto e polo procedemento aberto (tramitación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 69/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas no concello da Coruña.

c) Lugar de execución/entrega: A Coruña.

d) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2016.

e) Admisión de prórroga: si; anual ata un máximo de cinco (5) anos.

f) CPV (referencia nomenclatura): 85310000 Servizos de asistencia social.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.915.067,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) O orzamento da licitación ascende á cantidade de douscentos corenta e tres mil oitenta e nove euros (243.089,00 €), ao cal se lle engaden trece mil seiscentos noventa e catro euros (13.694,00 €) que corresponden ao IVE, o que fai un total de douscentos cincuenta e seis mil setecentos oitenta e tres euros (256.783,00 €).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase a cláusula 5.4.7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación administrativa.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicaranse na plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

10. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23620

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

P.D. (Orde do 19.8.2009 e disposición adicional sexta
do Decreto 129/2015, do 8 de outubro)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social