Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de outubro de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia en expediente de solicitude de adxudicación de vivenda.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 y 61, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e o lugar de comparecencia será na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, piso 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 á 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no BOE. Para os efectos de cómputo dese prazo, a eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 29 de outubro de 2015

Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: requirimento de documentación.

Interesada: Sonia Mª Pombar García.