En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 23 das bases reguladoras da convocatoria,
RESOLVO:
Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, proxecto 2015 00014, crédito orzamentario 1.999.999,67 €, cofinanciada nun 75 % por fondos Feader, nun 12,13 % con fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e nun 12,87 % con fondos propios da comunidade autónoma, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2015.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2015
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia
ANEXO
Subvencións a concellos para o fomento da accesibilidade e sinalización
nos recursos turísticos no medio rural
Concello beneficiario |
Descrición da actuación |
Importe subvención € |
A Pobra do Caramiñal |
Sinalización de dúas rutas de sendeirismo (ruta Alto da Lagoa e ruta dos Miradoiros) e creación dun catálogo dixital interactivo para inventario patrimonial |
37.655,00 |
Carnota |
Sinalización da senda verde de Carnota |
8.089,45 |
Padrón |
Sinalización accesible no roteiro románico. Creación da ruta do pemento: subministración e colocación de paneis informativos tecnolóxicos en relación coa ruta do pemento |
8.394,60 |
Abegondo |
Sinalización do recurso turístico Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: 1 panel electrónico con pantalla led exterior no contorno da casa do concello; 1 panel de benvida e 3 direccionais cara a aula da natureza de Abegondo |
8.527,88 |
Arteixo |
Roteiro para bicicleta de montaña-ruta BTT. Sinalización da ruta |
25.600,73 |
Tordoia |
Actualización e sinalización da ruta de sendeirismo PR-G 88 Bardoas-Castenda e da ruta PR-G89 Santaia-Cabaleiros no concello. Renovación de elementos existentes deteriorados/desaparecidos, incorporación de novos elementos e impresión de folletos informativos |
3.551,12 |
Paderne |
Mellora da accesibilidade e sinalización en Paderne. Instalación de terminal interactivo na praza do consistorio |
7.046,03 |
San Sadurniño |
Sinalización e accesibilidade á horta de froiteiras e outros recursos. Instalación de sinalización e carteis explicativos dos recursos naturais do concello, así como a mellora da accesibilidade a estes |
14.936,76 |
Negreira |
Realización dun aparcadoiro para o inicio da ruta dos 3 pazos e instalación dunha pasarela peonil ao lado da ponte que se encontra na área recreativa de Covas |
29.965,51 |
Ares |
Mellora da accesibilidade e acondicionamento do contorno da praia do Xuncal desde a rúa dos Castros, con mellora dos pavimentos, creación de ramplas e varandas, así como colocación de luminarias |
33.750,00 |
Ribeira |
Execución de beirarrúa e mellora do acceso ao aparcadoiro na praia de Coroso |
34.687,25 |
Rianxo |
Sinalización da ruta de sendeirismo do río Té |
9.817,50 |
Fene |
Mellora da accesibilidade na praia do río Sandeo: instalación de nova rampla de acceso desde o aparcadoiro ata o pé da praia, cambio de localización da instalación de duchas existentes e pintado das prazas de aparcadoiro |
14.742,33 |
Muros |
Adecuación e sinalización da ruta Pedra do Cadro-Braña; creación de folletos |
4.456,64 |
Miño |
Sinalización da ruta dos muíños no concello e paneis informativos nas praias |
22.214,36 |
Sobrado |
Sinalización da ruta de sendeirismo polo patrimonio cultural do concello, sinalización estática do patrimonio natural e monumental, e sinalización da entrada ao concello |
13.475,70 |
Boiro |
Mellora da accesibilidade nos recursos turísticos do concello. Nova pasarela na praia de Barraña e prolongación das pasarelas nas praias de Mañóns, Carragueiros e Retorta |
27.554,69 |
Mugardos |
Acondicionamento do contorno do cruceiro da igrexa de San Xoán de Piñeiro |
22.758,63 |
Camariñas |
Dotación de equipamento accesible na praia de Arou: dous módulos-baños en casetas de madeira |
20.922,68 |
Melide |
Pavimentación de accesos á ponte medieval da parroquia de Furelos, Melide |
30.604,84 |
Dumbría |
Construción do aparcadoiro e conexión co acceso peonil ao Castro, á igrexa de Santiago de Berdeogas, á carballeira e ao paseo fluvial de Berdeogas |
39.809,83 |
Cabana de Bergantiños |
Mellora de acceso ao castro de Borneiro por Vilaseco |
41.488,50 |
Val do Dubra |
Mellora de accesibilidade ao contorno da Fervenza do Rexidoiro: paseo pavimentado, varandas, construción de pasarela, instalación de mobiliario urbano, rexeneración das marxes do río e acondicionamento do acceso |
26.898,41 |
Touro |
Sinalización en lugares situados en espazos naturais (miradoiros e rutas de sendeirismo) existentes no concello |
9.441,72 |
Trazo |
Acondicionamento dos accesos interiores e das pontes na área recreativa, praia fluvial e carballeira de Chaián: reposición de 8 pontes existentes, incorporación de novos elementos (ramplas de acceso ás pontes) e acondicionamento-compactación de sendeiros interiores |
21.788,06 |
Porto do Son |
Sinalización de elementos de interese turístico no concello de Porto do Son |
9.180,00 |
Vimianzo |
Reforma e modernización da ruta dos dolmens |
8.671,30 |
Oleiros |
Construción de acceso e aparcadoiro na praia de Naval |
42.500,00 |
Oza-Cesuras |
Formación de aparcadoiro no mosteiro de Cis |
23.412,40 |
A Laracha |
Mellora da accesibilidade e a sinalización dos camiños rurais no contorno do miradoiro de Santa Marta (Soandres) e o río Bradoso (Montemaior) |
24.340,82 |
Láncara |
Proxecto de acondicionamento, accesibilidade e sinalización da ruta de sendeirismo: Pobra de S. Xiao, Marzán e Pobra de S. Xiao. Traballos de acondicionamento do sendeiro, colocación de sinalización neste, papeleiras e realización dunha rampla de formigón nunha pasarela que favorecen e melloran a súa accesibilidade |
17.206,25 |
Quiroga |
Plan integral de ordenación de sendeiros do concello de Quiroga, incluíndo mellora da accesibilidade e sinalización de miradoiros, rutas e TIC de recursos turísticos con medios visuais. Inclúense homologación de sendeiros pola FGM |
39.074,50 |
Foz |
Sinalización turística urbana do concello de Foz |
15.466,60 |
Sober |
Execución de obras do anteproxecto de mellora de accesos e recursos turísticos no concello de Sober |
8.935,38 |
Ribas de Sil |
Melloras na praia fluvial de San Clodio: mellora de accesos á zona de ocio, rehabilitación da aula de pesca e pavimentación do miradoiro, compra e posta en servizo de catro coches de pedais |
13.747,90 |
O Valadouro |
Información e sinalización de rutas de sendeirismo (ruta dos Pozos e ruta do Penido) mediante aplicacións informáticas para dispositivos móbiles e publicación na rede mediante soporte web |
8.078,51 |
Chantada |
Sinalización dos seguintes puntos de interese turístico: os miradoiros de Líncora, Terra Branca, Cabo do Mundo e Sernade e a igrexa de Santa María de Pesqueiras (BIC). Sinalización dun sendeiro circular no contorno da igrexa de Santa María e sinalización do sendeiro de Belesar-A Veiga |
10.257,80 |
Palas de Rei |
Accesibilidade aos torrentes de Mácara e ao ámbito do castelo de Pambre |
15.884,27 |
Monforte de Lemos |
Sinalización turística no conxunto histórico artístico de Monforte de Lemos coa instalación de paneis dixitais |
11.518,66 |
Lugo |
Plan de sinalización turística (17 sinais) das parroquias das dúas marxes na ribeira alta do Miño; comprende 7 parroquias e 10 elementos catalogados |
50.000,00 |
Portomarín |
Aplicacións informáticas para rutas de sendeirismo e sinalización de 12 BIC que se atopan no concello con información visual e táctil |
29.884,63 |
Outeiro de Rei |
Aplicacións para dispositivos móbiles con información da ruta de sendeirismo Milladoiro da Terra Chá, da praia fluvial do Miño-Ladra e bens de interese cultural do concello |
8.187,50 |
Guntín |
Información e sinalización de rutas de sendeirismo do concello de Guntín mediante aplicacións informáticas |
5.603,30 |
Ribadeo |
Ribadeo dixital: instalación dunha pantalla led no parque municipal e dúas pantallas táctiles na oficina de turismo do concello |
18.731,14 |
Lourenzá |
Información e sinalización de rutas de sendeirismo e elementos BIC no concello mediante aplicacións informáticas |
10.950,41 |
Cospeito |
Información e sinalización de rutas de sendeirismo do concello de Cospeito: colocación de pantalla dixital na praza do Concello para información das rutas e creación dunha aplicación informática para teléfonos móbiles e páxina web |
10.363,64 |
Abadín |
Mellora de accesibilidade na praia fluvial de Gontán e colocación de zona de descanso (mesas e bancos) |
6.840,00 |
Becerreá |
Proxecto de acondicionamento e mellora das rutas de sendeirismo no concello de Becerreá |
22.039,32 |
Antas de Ulla |
Sinalización e pavimentación de accesos ao miradoiro e bens de interese cultural |
28.175,45 |
San Cibrao das Viñas |
Acondicionamento de sendeiros: rutas de sendeirismo A Boutureira, que consta de 4 rutas |
2.135,17 |
Cortegada |
Mellora do camiño de acceso ao miradoiro do Coto da Pena |
6.108,18 |
Oímbra |
Construción dun aparcadoiro no punto de inicio da rota dos Lagares Rupestres |
25.366,94 |
Ribadavia |
Mellora do acceso ao paseo do Avia |
42.215,35 |
Muíños |
Mellora dos accesos e dotación de equipamentos no complexo turístico O Corgo |
33.750,00 |
Montederramo |
Realización de traballos de mantemento (reparación de fochas do pavimento asfáltico) limpeza, roza e reparación de valado existente en zona verde de Ponte Mazaira e reutilización da sinalización existente |
503,60 |
Parada de Sil |
Mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos do patrimonio cultural e paisaxístico do camiño de acceso de San Vítor a Meder: sinalización do recurso, recursos TIC, e mellora de acceso ao recurso (aparcadoiro, acondicionamento do camiño, etc.) |
38.748,53 |
A Merca |
Colocación de dous sinais informativos na igrexa románica da Mezquita e no conxunto de hórreos da Merca |
1.425,00 |
Cualedro |
Construción de aparcadoiro e mellora da sinalización da ruta do Larouco |
20.437,27 |
Bande |
Sinalización turística das estradas e da rede de sendeiros turísticos e naturais homologados |
23.814,58 |
Castrelo de Miño |
Proxecto de sinalización e accesibilidade sobre os recursos turísticos do concello de Castrelo de Miño: subministración e colocación de paneis informativos tecnolóxicos en relación cos recursos turísticos do concello |
13.625,00 |
Xunqueira de Ambía |
Acondicionamento e homologación pola Federación Galega de Montaña do sendeiro de Pelamios |
9.584,55 |
A Gudiña |
Mellora da sinalización e accesos turísticos no concello: instalación de paneis informativos, construción dun cuberto de madeira para uso recreativo e colocación de varandas |
25.205,70 |
A Porqueira |
Construción da área de servizos-pernoita para autocaravanas nas inmediacións do río Fírveda e as súas fervenzas |
27.930,00 |
A Pobra de Trives |
Proxecto de sinalización e accesibilidade turística do concello da Pobra de Trives: ruta Os Sequeiros-Penafolenche, ruta Penalonga e roteiro pola vila |
22.924,50 |
A Veiga |
Acondicionamento, sinalización e dotación de equipamento (telescopios, bancos) para o miradoiro estelar O Rañadoiro |
42.500,00 |
Nogueira de Ramuín |
Adecuación da área de autocaravanas e sinalización BIC mosteiro de Santo Estevo |
10.569,75 |
Cenlle |
Ruta cultural de Cenlle |
8.416,35 |
Verín |
Subministración e colocación de paneis informativos direccionais e tecnolóxicos en relación coas rutas de sendeirismo do concello |
33.550,20 |
Baños de Molgas |
Sinalización turística en Baños de Molgas |
21.619,80 |
San Xoán de Río |
Mellora da sinalización e accesibilidade aos recursos turísticos do concello |
16.456,96 |
Rairiz de Veiga |
Accesibilidade e sinalización da árbore senlleira Carballa da Rocha: sinalización e información (folletos turísticos) da zona declarada espazo natural protexido Carballa da Rocha e adquisición do material necesario para acometer as obras de creación dun aparcadoiro e dunha caseta de información e almacén para a mellora de acceso ao recinto |
9.338,31 |
Castro Caldelas |
Sinalización e accesibilidade turística no concello de Castro Caldelas: instalación de 8 paneis tecnolóxicos interpretativos accesibles visual e auditivamente |
8.282,25 |
A Peroxa |
Sinalización do recurso turístico do castelo da Peroxa |
10.496,39 |
Melón |
Construción dun aparcadoiro público no mosteiro de Santa María de Melón |
23.551,29 |
Cotobade |
Sinalización patrimonio arqueolóxico no concello de Cotobade (22 sinais) |
32.091,76 |
Cangas |
Acondicionamento do paseo da praia da Congorza-praia de Areamilla-Darbo-Cangas |
30.693,16 |
Nigrán |
Sinalización e accesibilidade de recursos turísticos do concello de Nigrán. 33 paneis informativos e interpretativos |
13.050,00 |
Silleda |
Ruta do románico en Trasdeza: instalación de paneis informativos e interpretativos do patrimonio relixioso no concello de Silleda |
5.464,46 |
As Neves |
Sinalización do Camiño dos Frades |
5.457,75 |
A Lama |
Proxecto de sinalización e accesibilidade na rede de sendeiros do concello da Lama |
6.131,05 |
Ponteareas |
Fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos do concello de Ponteareas. Sistema sinalización igrexas de Galicia |
23.432,07 |
O Rosal |
Sinalización na ruta dos Muíños do Folón e do Picón destruída por un incendio |
2.371,92 |
Covelo |
Mellora da accesibilidade da praia fluvial de Maceira |
24.933,63 |
Vilanova de Arousa |
Mellora de aparcadoiro e accesos ás praias do Terrón e As Patiñas |
42.429,08 |
O Grove |
Dotación de aseos accesibles en Punta Moreiras |
22.690,09 |
Oia |
Acondicionamento de acceso á ponte colgante de Acevedo: pavimentado e colocación de balizas solares luminosas e papeleiras |
3.904,77 |
Mos |
Fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos do medio rural do concello de Mos |
27.637,69 |
Agolada |
Melloras e accesibilidade no contorno fluvial de Brocos. Acondicionamento e mellora de zona recreativa |
20.516,63 |
Bueu |
Acondicionamento do tramo rural da senda do río Bispo |
28.499,99 |
Baiona |
Acondicionamento do miradoiro do Cortelliño |
32.306,10 |
Valga |
Acondicionamento de accesos e supresión de barreiras arquitectónicas no xacemento arqueolóxico Igrexa Vella de Santa Comba de Louro |
29.664,73 |
Marín |
Roteiro dos cinco miradoiros e aparcabicis: instalación de miradoiros panorámicos e postes indicativos de dirección; construción de plataformas de madeira e colocación de bancos |
9.177,47 |