A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-01464-O-2015 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.
Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 15 de outubro de 2015
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
Persoa sancionada DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
|
XC-01464-O-2015 LU-1021-W Garda Civil 1503 T67277V |
Elbeca Ganadera, S.L. B70058839 Merced, 81, 3º D 15009 A Coruña |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 21.2.2015; 10.58; AP-9F; 25,2 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
|
XC-01499-O-2015 3290-FXK Garda Civil 1504 H74822F |
Ramón Canosa Santos 76341436C Estrada da Anchoa, s/n 15154 Fisterra (A Coruña) |
Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas. 10.2.2015; 21.18; N-634; 709,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
|
XC-01506-O-2015 3290-FXK Garda Civil 1504 H74822F |
Ramón Canosa Santos 76341436C Estrada da Anchoa, s/n 15154 Fisterra (A Coruña) |
Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas. 10.2.2015; 21.45; N-634; 709,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
|
XC-01622-O-2015 0726-FXL Garda Civil 1500 C35644I |
López Rivas, Juan Manuel 76576543K Avenida A Veiga, nº 9, piso B, pta. D, San Cibrao 27888 Cervo (Lugo) |
Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas. 13.2.2015; 00.48; N-634; 666,0 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
|
XC-01979-O-2015 1131-FGD Garda Civil 1503 A54682C |
José Castiñeira Palleiro 76351108D r/ Cal das Barras, nº 9, 3º esq. 15300 Betanzos (A Coruña) |
Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas. 10.3.2015; 9.34; N-VI; 577,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
|
XC-02129-O-2015 0535-FFN Garda Civil 1500 D64627A |
Excavaciones Francisco Suárez, S.L. B15812084 Lg. Fonteseca-Golmar 15145 A Laracha (A Coruña) |
Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 1 hora (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas. 16.3.2015; 16.33; DP-0512; 3,2 |
Art. 142.19 LOTT e art. 141.24.4 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT e art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
|
XC-02158-O-2015 9976-CXJ Garda Civil 1502 Q97183H |
Ramón Canosa Santos 76341436C Estrada da Anchoa, s/n 15154 Fisterra (A Coruña) |
Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas. 22.2.2015; 17.36; AC-552; 50,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
|
XC-02211-O-2015 7488-CSB Garda Civil 1503 W04047P |
Josan Gómez, S.L. B45712601 Obispo Dr. Granados, 64 45653 Santa Ana de Pusa (Toledo) |
Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas. 27.3.2015; 8.52; AP-9F; 25,2 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
|
XC-02489-O-2015 LU-8643-V Garda Civil 1504 A35144Y |
Cambeiro Pereira, Jaime 35253823K Luis García Arias, 4 27500 Chantada (Lugo) |
A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas. 16.4.2015; 9.35; AC-546; 4,0 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |


