Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43697

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO de modificación dos estatutos da Mancomunidade.

Iniciado pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés expediente de modificación do artigo 7 dos seus estatutos, segundo o acordo adoptado polo Pleno da Mancomunidade en sesión ordinaria que tivo lugar o día 13.10.2015, coa finalidade de incrementar a dous anos o mandato da Presidencia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, de conformidade co establecido no artigo 143 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

O Pino, 26 de outubro de 2015

Manuel Taboada Vigo
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés