Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43743

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN de erros. Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos.

Advertidos erros no Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos, publicado no Diario Oficial de Galicia número 197, do 15 de outubro, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na exposición de motivos, no segundo parágrafo da páxina 39955, onde di: «Por outra banda, en coordinación cos servizos de Xinecoloxía e Obstetricia dos hospitais galegos autorizados para a doazón do sangue de cordón umbilical, encárgase do procesamento e almacenamento de sangue de cordón umbilical e a distribución aos centros hospitalarios a través da Rede española de doadores de medula ósea», debe dicir: «Por outra banda, en coordinación cos servizos de Xinecoloxía e Obstetricia dos hospitais galegos autorizados para a doazón do sangue de cordón umbilical, o Centro de Transfusión de Galicia encárgase do procesamento e almacenamento de sangue de cordón umbilical e da distribución aos centros hospitalarios a través da Rede española de doadores de medula ósea».

– Na exposición de motivos, no segundo parágrafo da páxina 39956, onde di: «(…) e a disposición derradeira cuarta prevé a entrada en vigor do decreto aos tres meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «(…) e a disposición derradeira cuarta prevé a entrada en vigor do decreto aos dous meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia».

– Na disposición derradeira cuarta, relativa á entrada en vigor do decreto, na páxina 39961, onde di: «O presente decreto entrará en vigor aos tres meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «O presente decreto entrará en vigor aos dous meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia».