Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da subministración de dezasete (17) vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra os incendios forestais, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 53 (expediente 40/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración de dezasete (17) vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23061

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 17 de xullo de 2015, BOE do 27 de xullo de 2015 e DOG núm. 148, do 6 de agosto de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 2.923.150,00 €; IVE (21 %): 613.861,50 €. Importe total: 3.537.011,50 €.

Valor estimado: 2.923.150,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 53.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 25 de setembro de 2015.

b) Adxudicataria: Uro Vehículos Especiales, S.A.

c) Importe: 2.806.700,00 € (sen IVE) IVE 21 %: 589.407,00 €.

Importe total: 3.396.107,00 €. Prezo unitario: 165.100,00 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 26 de outubro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015

María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural