Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43880

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de adxudicación de contrato de implantación de equipamentos de luz pública no polígono industrial.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilalba (Resolución da Alcaldía). Data de adxudicación: 6.10.2015. Contratista adxudicataria: Electricidad Moncho y Santomé, S.L. Formalización do contrato: 6.10.2015.

2. Obxecto do contrato: implantación de equipamentos de luz pública e protección contra incendios, no parque empresarial Sete Pontes de Vilalba e accesos en Vilalba-Lugo.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación urxente; b) Procedemento negociado sen publicidade.

4. Orzamento de licitación e adxudicación: a) Licitación: 64.145,45 €. b) Adxudicación: 64.145,45 €, sen inclusión do IVE.

O que se fai público para os efectos de dar cumprimento ao que se establece no artigo 154.1 do RDL 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Vilalba, 29 de outubro de 2015

Gerardo Criado Guizán
Alcalde